
Seguindo a estela doutros clubs veciños como o Centro de Deportes Barco, o CD Rúa presenta nesta tempada o seu álbum oficial que contará cuha oferta limitada de lanzamento (25 euros, 23 sobres sen repetidos).
Será unha colección de cromos na que non faltarán fotos dos 142 xogadores e adestradores cos que conta o club actualmente, con cinco equipos de fútbol 11 e tres de fútbol 8.

En fútbol 11, o equipo sénior que adestra Heriberto, vai no posto 12º; o xuvenil , ás ordes de Ferrer vai no 8º; o cadete de Pablo, de líder; o infantil A con José Hervella como adestrador, de 5º; e o infantil B con Juan Carlos, tamén de 5º. En fútbol 8, o benxamín que levan Malira e Solarat van primeiros de grupo; o alevín A que levan Luis María e Barba, de segundos; e o alevín B que leva Juan Carlos, de sétimos.
A presentación do álbum será este venres 29 de novembro ás 19 horas no Centro Cultural Avenida. Os puntos de venda de cromos son: Tenda O Colmado, Librería Mi Mamá Me Mima, Bar Paco e Campo de Fútbol Vicente Solarat.




