CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa remata a liga cunha derrota en casa fronte ao Monterrey CF

 

Non se xogaban nada, de feito levan semanas descendidos, pero non era ata hoxe cando remataban a liga. Na tarde deste domingo 19 de maio o CD Rúa pechaba unha complicada tempada en primeira Galicia, cunha derrota en casa, no campo Vicente Solarat Maceda, fronte ao Monterrey CF.

 

 

Tras unha primeira parte que remataba a ceros no marcador, tralo paso polo vestiario eran os visitantes os que anotaban, primeiro no minuto 48 e despois no 83′ sentenciando o encontro 0-2 final.

Con esta o CD Rúa suma a derrota número 27, fronte ás 3 vitorias e os 4 empates en 34 xornadas. Un total de 13 puntos que o mantiveron ata o final no últimpo posto da clasificación.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button