Co empate a ceros e o reparto de puntos remataba o partido disputado na tarde deste domingo 3 de decembro no campo Vicente Solarat Maceda entre o CD Rúa e o Loñoá.
Era un partido importante para os rueses contra un rival directo que tamén se atopa en postos de descenso polo que de conseguir os tres puntos engancharíanse á loita por manter a categoría, por iso decidían aproveitar a ocasión e presentar aos equipos base do club.
Finalmente só se presentaban os alevíns e os benxamíns, facéndolle o pasillo os equipos sénior antes de comezar o partido da xornada 14 en Primeira Galicia. Ámbolos dous equipos necesitaban ganar e intentaron marcar unha e outra vez. Sobre todo no tramo final do encontro os de Javi Ferrer intensificaban o xogo pero os goles non chegaban rematando co marcador a ceros.
Para agradecer a asistencia ao campo para animar ao equipo, o CD Rúa convidaba tralo partido a castañas asadas para todos.
A seguinte cita para os rueses, que suman o segundo empate da tempada, será no campo do Nogueira de Ramuín.
Fotos: Mónica G. Bellver e Verónica Vieira/Por las Ramas Estudio.