CD BarcoCD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa sorteará un botelo no “mini derbi benxamín” contra o CD Barco

Será este sábado 15 de marzo ás 17:45 horas no Vicente Solarat Maceda e convidan á afección a ir de amarelo

 

No CD Rúa seguen apostando pola base, por iso teñen preparada unha festa homenaxe aos máis pequenos para este sábado 15 de marzo. Será o día no que se dispute o “mini derbi benxamín” contra o CD Barco e pretenden vestir de amarelo o campo Vicente Solarat Maceda. Para iso, entregarán unha rifa a todo aquel que leve a cor do club, para participar no sorteo dun botelo.

“Gustaríanos crear un bo ambiente de fútbol base, non só da Rúa senón de toda a comarca, porque ese segue sendo o obxectivo do Club Deportivo Rúa, fomentar o deportes entre os máis pequenos”, din dende o club amarelo que tamén busca que a afección sinta a cor como súa.

O partido comezará ás 17:45 horas.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button