
Chega o bo tempo e con el as festas de exaltación da primavera. É o caso da Feira do San Lázaro que se celebrará a vindeira fin de semana en Verín.
Unha celebración que inclúe numerosas actividades entre as que está o Torneo Lázaro 2023 que enfrontará no Campo da Granxa a dous equipos de fútbol de veteranos: a AD Veteranos Verín e o CD Rúa Veteranos. O partido disputarase o sábado 25 de marzo ás 17:30 horas.