CD TrivesDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Trives non pode co Vilar de Barrio e perde 1-2 no campo do Agro

 

Hoxe tampouco foi o día para o CD Trives que vén de sumar a terceira derrota consecutiva da tempada ao perder 1-2 en casa fronte ao Vilar de Barrio.

 

O árbitro, Alejandro Alonso.

 

O partido, marcado polas altas temperaturas e disputado na tarde deste domingo 8 de outubro no campo trivés do Agro, comezaba cun minuto de silencio polo “pasamento de Maruja, nai de Darío, histórico xogador deste clube, e avoa de Guille, que nestes últimos anos defendeu este escudo, moitos deles como capitán”, explican dende o club. E non sería ata avanzada a primeira metade, no minuto 37, cando Adán abriría o marcador para o conxunto local ao transformar un penalti.

 

 

Coa vantaxe do 1-0 chegaba o descanso pero tralo paso polo vestiario, xa na segunda metade, eran os visitantes os que marcaban, igualando primeiro o marcador no minuto 86 e sentenciando o encontro despois co 1-2 no minuto 90.

 

O míster do CD Trives, Adilson.
CD Trives.
CD Vilar de Barrio.

 

Con este resultado, os de Adilson continúan na zona baixa da clasificación, no posto 12º, á espera do seguinte partido en O Corgo ante o Soutopenedo CF.

 

 

Fotos de vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button