CD VianaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Viana lévase o derbi ante o CD Córgomo Vilamartín e ponse líder

Co 1-2 remataba o partido disputado no Campiño de Viloira (O Barco) ante numerosa afección

 

Cun impresionante ambiente nas bancadas e a pé de campo e baixo un sol de xustiza se desenvolvía o esperado derbi entre o líder, o CD Córgomo e o segundo clasificado no grupo 2 de Segunda Galicia, o CD Viana. Un intenso e igualado partido que se resolvía co 1-2 favorable para os celestes (hoxe xogaban de laranxa) no Campiño de Viloira (O Barco), recuperando o liderato.

 

CD Viana./ Foto: Torfy.

 

Malia os intentos por ambas partes o promeiro gol da tarde, de Rábano para os de Julio Couso, non chegaba ata o minuto 43, preto xa do descanso. Tralo paso polo vestiario e coas enerxías renovadas Brando empataba no minuto 53, poñendo en pé parte da bancada. A loita continuaba e tras varias oportunidades para ambos equipos, con boas paradas por parte de ambos xogadores, os vianeses anotaban o segunda grazas ao tiro de Enzo, poñendo o 1-2 nun marcador que xa non se movería.

 

CD Córgomo Vilamartín./ Foto Torfy.

 

Con este resultado cambiaban os postos na liga e o CD Viana recuparaba o liderato dous puntos por riba do CD Córgomo Vilamartín, segundo clasificado.

 

 

O seguinte partido para o Viana será en casa, no campo das Carrelas contra o CD Trives mentres que o Córgomo viaxará a Taboadela.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button