Con catro equipos do oriente ourensán na mesma categoría (Segunda Galicia), son varios os debis por proximidade que se disputarán esta tempada. No caso do CD Córgomo Vilamartín xogaba dous en menos de oito días.
Tralo derbi valdeorrés disputado o 30 de outubro no Campiño de Viloira (O Barco) ante o CD Rúa que vencía 3-2, o conxunto vilamartinés desprazábase ata Viana do Bolo acompañado coma sempre por numerosa afección, para enfrontarse a outro dos equipos que están no alto da clasificación, o CD Viana, que finalmente dominaba o “mellor partido da tempada, cuns 90 minutos completísimos”, tal como aseguran dende o equipo celeste que se levaba os tres puntos en xogo.
O partido, disputado no Campo das Carrelas ateigado de seareiros celestes, comezaba coa toma de contacto por parte de ámbolos dous equipos sendo Borja quen adiantaba aos celestes no marcador co primeiro gol no minuto 24. Co 1-0 chegaban ao descanso e habería que esperar ata o minuto 51 para o segundo gol local, de Marcos, ao transformar un penalti. Pouco despois chegaba o terceiro do Viana, de novo obra de Borja que facía dobrete e malia que os do Corgomo seguiron loitando e recurtando distancias grazas ao gol de Brais Vidal no minuto 80, quedaban sen tempo nin acerto para máis rematando o partido co 3-1 final.
Con este resultado o CD Viana sitúase no segundo posto da clasificación con 19 puntos mentres que o CD Córgomo baixa ata o terceiro con 18 puntos.
Fotos: Carlos G. Hervella.