CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Condesa de Fenosa do Barco celebra o 8M no centro por unha “igualdade infinita”

 

Este ano o tempo non acompañaba e debido á chuvia o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras non podía celebrar a merendaina (andaina con metenda) na praza Maior da vila para conmemorar o Día Internacional da Muller, tendo que “restrinxir os actos reivindicativos dun mundo con igualdade real entre homes e mulleres ao noso pavillón polideportivo”, explican dende o centro.

 

 

Alí reunían nunha urna “as accións de índole machista que vemos ao noso arredor”; preparaban carteis con compromisos; pintaban camisetas; enchían de globos violetas o espazo,… “Tamén fixemos unha fermosa pancarta de bolboretas violeta por unha ‘igualdade infinita’ e mesmo cantamos e bailamos tod@s xunt@s unha canción pola igualdade para rematar cunha merenda saudable no pavillón”.

 

 

Fotos CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button