CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Condesa de Fenosa do Barco celebra o Día dos Parques Naturais visitando a Serra da Enciña da Lastra

 

Na xornada deste venres 24 de maio, o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco celebraba o Día dos Parques Naturais, cunha visita do alumnado de 5⁰ de Primaria ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

 

 

“Alí botamos o día descubrindo as especies de flora e fauna que caracterizan a este espazo, fixemos a Ruta das Dúas Vertentes, xantando no Alto da Escrita e realizamos varios obradoiros no Centro de Interpretación, na aldea e na serra de Biobra”, explican dende o centro.

 

 

Unha boa forma de “aprender a observar a súa riqueza respectando o medio para conseguir preservalo e protexelo para o futuro”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button