CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Condesa de Fenosa do Barco conmemora o 25N reivindicando “unha sociedade máis xusta e sensible”

 

Un ano máis o alumnado do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, conmemorou o 25N reivindicando “unha sociedade máis xusta e sensible, onde non teña cabida ningún modo de maltrato nin violencia contra as mulleres”.

 

 

Con ese fin, na xornada deste venres 24 de novembro levaban a cabo unha serie de actividades. Elaboraron pancartas, fixeron andainas reivindicativas, confeccionaron chapas, realizaron unha fermosa árbore dos desexos e leron un manifesto formando entre tod@s o símbolo da muller no noso patio.

 

 

Fotos decidas.

Artigos relacionados

Back to top button