Unha vintena de estudantes de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco, acompañados de profesorado, inician hoxe unha visita á localidade de Vila Real (Portugal). A iniciativa enmárcase no programa de Intercambios Escolares posto en marcha polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e que, neste caso concreto, foi organizado e financiado polo Concello do Barco.
Así os estudantes barquense foron seleccionados para facer un intercambio con estudantes da Escola Diogo Cao de Vila Real, que viaxarán ao Barco os próximos días 8 e 9 de maio, cun amplo programa de actividades
“Con este programa búscase o intercambio entre escolares valdeorreses con outros países, promovendo o coñecemento doutras culturas da eurorrexión e a sensibilización sobre a importancia de vivir en municipios integrados no Eixo Atlántico”, explican dende o CEIP Condesa de Fenosa.
Ademais este centro de ensino matiza que os obxectivos deste proxecto son catro, principlamente. En primeiro lugar, “promover entre os estudantes e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial)”, así como “facilitar o intercambio entre estudantes dos diversos municipios do Eixo Atlántico”.
Ademas preténdese “oncienciar aos estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e que conforman unha Eurorrexión” e “promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador”.
Nestas imaxes poden verse diversos momentos da recepción que lle daba aos valdeorreses o concelleiro de Educación e tenente de Alcalde de Vila Real na Sala Nobre da Cámara Municipal desta localidade lusa.
Fotos cedidas.