CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotos

O CEIP de Trives podería ser obxecto dunha rehabibilitación integral

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional visitaba o centro

Ofrecer ao seu alumnado un ensino en igualdade de oportunidades que o de núcleos de poboación maiores é sen dúbida o obxectivo dos centros educativos do rural, realizando un esforzo digno de loanza. Así o aseguraba a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar durante a súa visita ao CEIP plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, na Pobra de Trives, un centro moi implicado no desenvolvemento das iniciativas innovadoras que propón a Xunta de Galicia.

Neste sentido Pomar salientou que o centro trivés, plurilingüe desde o ano 2014, está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), ademais de incorporarse este curso ao programa Radio na Biblio e desenvolver iniciativas como a de Biblioteca Creativa, que apoia a cultura da experimentación e a investigación dos robots e da linguaxe da programación nestes espazos. Así mesmo, o CEIP Manuel Bermúdez Couso desenvolverá este curso dous contratos-programa, un na liña de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) e outro na de Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros. Tamén participa no programa de libro dixital, E-Dixgal.

A conselleira tamén adiantou que o seu departamento está estudando a posibilidade de realizar, en función da dispoñibilidade orzamentaria, unha rehabilitación integral do centro que melloraría o conxunto das súas instalacións. Segundo adiantan dende a Educación, neste momento estase, a executar a cubrición da pista deportiva do centro, unha obra cun orzamento de 136.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button