CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Julio Gurriarán do Barco acolle este mércores a XX Convivencia de Educación Infantil

Cholo e Nela celebran o aniversario no mesmo centro no que comezaron as xornadas hai dúas décadas
Cartel da convivencia “Cholo e Nela 20 anos dando a nota”.

As mascotas da Convivencia de Educación Infantil fanse maiores e o vindeiro mércores 31 de maio cumprirán 20 anos. Será unha data moi especial, por iso terán lugar no mesmo centro no que nacían, o CEIP Julio Gurrirán do Barco de Valdeorras. Alí daranse cita 350 nenos e nenas de Educación Infantil (3-5 anos) de toda a comarca e arredor duns 300 adultos entre pais e nais, mestres e colaboradores, comezando a convivencia en torno ás 11h.

Pola mañá, de 11:30 a 14:30h. haberá actividades (obradoiros, xogos, exhibicións, concertos…) e tamén moitas sorpresas. Este ano a actividade xirará en torno á música e baixo o título “Cholo e Nela 20 anos dando a nota”, a organizacón programou a xornada na que que contarán con alumnos do conservatorio para actuar. Tamén se presentará a iniciativa estrela desta edición: un libro-cd coas mellores cancións interpretadas nestos vinte anos de convivencias que grabaron eno estudo Casa de Tolos. De feito os propios profesores serán os artistas que pecharán a xornada este ano de 15:30 a 16:30h., interpretando para todos os asistentes unha pequena escolma musical no concerto aniversario de Cholo e Nela.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button