CulturaCulturaEducaciónEntroido 2022Galerías de fotosÚltima hora

O CEIP Julio Gurriarán remata a semana de Entroido cunha animada festa de disfraces

 

Dun xeito moi intenso se vivía esta semana de Entroido nos centros escolares. No caso do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco, facíano baixo as “Ordes da Meca” máis reivindicativas e valdeorresas que nunca.

O luns foi o Día da Sanidade e os alumnos levaron prendas relacionadas cos médicos e enfermeiros/as en apoio ao hospital comarcal; o martes foi o Día das Letras, en homenaxe ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán pero tamén a outros como Rosalía ou Castelao; o mércores estivo adicado ás pandereteiras en xeral e ás Tanxugueiras en particular; e o xoves o Día do Pixama, todo un clásico; rematando o Venres de Entroido cunha festa rachada de disfraces con música e baile.

Así, na mañá deste venres 25 de febreiro, alumnos e profesores, dende Infantil ata 6º de Primaria, luciron os seus mellores disfraces, bailando, xogando e pousando diante da imaxe de Rosalía de Castro e tamén dun gran cartel sobre o Entroido.

Fotos: CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán.

 

Artigos relacionados

Back to top button