CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Julio Gurrriarán do Barco recupera o seu magosto cunha festa rachada

 

Despois destes anos sen magosto había ganas de marcha, por iso no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do  Barco de Valdeorras celebraban o venres 11 de novembro unha espectacular festa rachada.

Houbo xogos populares, carreiras, baile e sobre todo, unha rica merenda a base de castañas e deliciosos chourizos á grella, grazas á colaboración da ANPA Aturuxo. “Moitas grazas por colaborar e facer posible esta festa un ano máis. Estaba todo riquísimo”, din dende o centro agradecendo tamén a “implicación e paciencia” dos profesores, así como á conserxe polo seu traballo.

Fotos: CEIP Julio Gurrirán.

Artigos relacionados

Back to top button