CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Otero Pedrayo de Viloira celebra o Día da Árbore cunha plantación no centro e nos xardíns da Casa Grande

 

Primeiro en Rubiá, despois en Sobradelo e por último no Barco. Os alumnos do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira celebraban na mañá deste venres 25 de marzo o Día da Árbore coa última actividade da semana organizada polo Distrito XIII Valdeorras-Trives, dependente da Consellería de Medio Ambiente.

 

 

E facíano cunha dobre plantación de árbores. Axudados polos axentes forestais, os máis pequenos do centro, de Infantil ata 4º de Primaria, plantaban sete exemplares nos xardíns da Casa Grande (serval dos cazadores, sobreira, carballo, bidueiro,…). Pola súa banda, os alumnos de 5º e 6º plantaban en macetas no propio colexio, outras catro árbores, entre elas tres oliveiras.

 

 

Foi unha mañá intensa, divertida, lúdica e instrutiva na que os cativos recibiron agasallos por parte dos axentes forestais (camisetas, mochilas, pegatinas, sementes,…) e tamén o libro da Semana escolar da árbore e da auga, por xentileza da Deputación de Ourense. Ademais, hoxe remata o segundo trimestre polo que os nenos tamén levaban para casa as notas.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver /CEIP Ramón Otero Pedrayo.

Artigos relacionados

Back to top button