En portadaÚltima horaVídeos

O CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) celebra os Días da Árbore e da Auga cunha plantación no Coutado

Uns 80 alumnos de Primaria do centro realizaban unha plantación de 140 árbores, en colaboración co Distrito Forestal XIII de Valdeorras

 

Ás dez da mañá deste mércores o alumnado de Primaria do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) partía en dirección á zona do Coutado para realizar unha tarefa moi especial: unha plantación de árbores. Con esta iniciativa o centro escolar celebra nesta xornada o Día da Árbore (21 de marzo) e tamén o Día Mundial da Auga (22 de marzo). Esta iniciativa enmárcase no Plan Proxecta o Monte Vivo, que promove este CEIP.

 

 

Uns 80 escolares, co apoio do profesorado e do persoal do Distrito Forestal XIII de Valdeorras, plantaba un total de 140 árbores. Os labores de plantación finalizaban pasadas as 11:30h., logo comezaban a regalos e, despois, facían un pequeno descanso e compartían unha merenda no mesmo Coutado.

 

 

Ao mesmo tempo, os alumnos de Infantil deste mesmo centro escolar barquense conmemoraban estas dúas datas plantando en macetas no colexio.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button