CulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) instala un rocódromo para fomentar hábitos saudables

Este centro escolar tamén participa, con toda primaria, no Plan Proxecta “A Milla Diaria”

 

Buscando reforzar a súa aposta por promocionar os hábitos saudables entre o alumnado para fomentar os “patios activos”, o CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) conta dende a pasada semana cun rocódromo de travesía horizontal. Ademais durante a súa instalación tamén se puxo solo acolchado no solo do patio desa zona.

Nese mesmo sentido, este centro escolar tamén participa, con toda primaria, no Plan Proxecta “A Milla Diaria” que “consiste en saír a facer camiñadas polos arredores do cole como unha actividade máis para loitar contra o sedentarismo da xornada escolar”, explican dende o CEIP Otero Pedrayo.

 

 

Este colexio xa conta co Selo “Vida Saudable” outorgado polo Ministerio de Educación, en recoñecemento á promoción de hábitos saudables referidos ao fomento da práctica de actividade física e hábitos de alimentación saudable.

Fotos: CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco).

Artigos relacionados

Back to top button