CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira presume dos poliños criados na incubadora

Trátase dun proxecto da clase de 2º de Primaria no que participa todo o colexio

Despois de 21 días na incubadora, os poliños do colexio de Viloira comezan a nacer. Os tres primeiros rompían o cascarón na mañá do 10 de maio e ao longo do día facíano outros catro. O resto dos 18 ovos iniciais, non deron froito.

Trátase dun proxecto de Ciencias da Natureza de 2º de Primaria do CEIP Ramón Otero Pedrayo, enmarcado no tema sobre os animais. Para que os cativos participaran de forma activa e puderan descubrir por si mesmos o proceso de nacemento dos polos, no colexio decidían botar man da imaxinación e grazas á colaboración do conserxe que elaborou a incubadora e mesmo un ovoscopio para comprobar os ovos que estaban fecundados, poñían en marcha o programa no que participou todo o centro. A incubadora e os poliños están na aula de 2º pero por ela pasaron todos os cursos, seguindo a evolución ata que hoxe, por fin, nacían os poliños.

Moi concienciado co medio ambiente e os animais, no centro barquense levan a cabo cada ano algún proxecto deste tipo e ademais dos polos, tamén crían gusanos de seda (última imaxe da galería de fotos).

Máis información no Especial Santa Rita do Periódico O Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button