EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O “Centro Artístico da Pedra. Laurarte” reabre as súas portas no Barco nunha nova ubicación

Este establecemento, dedicado á arte e á formación, está situado agora na avenida Conde Fenosa nº 44

Novas instalacións e proxectos. O “Centro Artístico da Pedra. Laurarte” vén de reabrir as súas portas a mediados de decembro nunha nova ubicación tamén no Barco: a avenida Conde Fenosa, número 44. O acto inaugural tiña lugar na tarde do 17 de decembro a partires das sete da tarde. Neste novo local a artista arxentina Laura Duben, que leva moitos anos afincada no Barco, comeza unha nova etapa na que segue apostando pola arte e tamén pola formación.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button