A RúaConcellosÚltima hora

O Centro Cultural Avenida da Rúa acollerá este sábado 25 de maio o “Reencontro da Peña Imperio”

O acto comezará ás 12 horas e incluirá unha proxección audiovisual, un xantar, baile e moitos recordos

 

Pasaron anos, moitos anos, dende a última xuntanza da mítica “Peña Imperio” da Rúa, un colectivo de mulleres que máis tarde, no ano 2008, daba lugar a unha asociación que nacía da man de Fuensanta Colmenar, Santy, cun lema moi claro: “diversión e formación así como a mellora do benestar dos veciños da Rúa”.

A mesma asociación que convoca, para este sábado 25 de maio, un reencontro moi especial. Será a partir das 12 horas no Centro Cultural Avenida con entrada libre e gratuíta e espera reunir a un cento de mulleres en torno a un completo programa. Proxectarase un vídeo-montaxe de Álvaro Rodríguez “Purre” que leva por título Un Imperio de Recuerdos con documentos gráficos recuperados da Peña das súas actividades ao longo dos anos. Tamén haberá un xantar a partir das 14:30 horas e baile polo que é recomendable levar “zapatos cómodos e ganas de rir. Polos vellos tempos”. Ao xantar poden asistir “os amigos dos meus amigos son os meus amigos”, pero cun límite de entradas, aseguran dende a asociación, aproveitando para facer un chamamento ás máis xoves. “Queremos que sexades o noso relevo”.

A venda de entradas estará aberta ata as 20 horas do 22 de maio en: Relojería Nemesio (Alicia), Bar Corinto (Kely) e Deconir (María).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button