
A Sala Audiovisuais do Centro Cultural Avenida da Rúa acollerá este sábado 1 de outubro unha sesión de curtas galegas.
A partir das 19 horas e baixo o título ‘Utreia et Suseia’ proxectaranse as curtas ‘Os Corpos’ de Eloy Domínguez e ‘Ser e voltar’ de Xacio Baño, cada unha precedida por unha entrevista gravadas do autor. A sesión incluirá un coloquio a cargo da ruesa Ana Domínguez e Ángel Rueda.
‘Os corpos’ (2020) ten unha duración de 11 minutos e xira en torno Entroido que se celebra en Galicia. Pola súa banda, ‘Ser e voltar’ (2014) dura 13 minutos e céntrase na gravación que un xove director de cine fai dos seus avós.