No marco do Día Internacional daMuller Traballadora o “Centro de Día da Rúa, pertencente á rede de centros de atención a maiores da Xunta de Galicia” e a Residencia Nosa Señora de Fátima da Rúa (Fundación San Rosendo) organizaron un encontro para reflexionar sobre a importancia da celebración deste día.

Para iso conxuntamente elaborouse un mural composto por diversas palabras que os usuarios e usuarias de ambos centros foron escribindo e que eles asocian ás mulleres e ao seu traballo. Tamén engadiron os nomes das mulleres participantes na actividade e outros nomes de mulleres importantes nas vidas dos integrantes do grupo”.
Fotos cedidas.