O Centro de Día da Rúa, pertencente a rede de centros de atención ós maiores da Xunta de Galicia, organiza para o vindeiro mércores 26 de outubro ás 18:15 horas no Centro Social Municipal da vila, un coloquio sobre a mellora do funcionamento da memoria impartido polas técnicas do centro.
Ao encontro poderá asistir toda persoa interesada na temática, xa que o obxectivo desta actividade é “dar a coñecer o funcionamento da memoria, as súas áreas e as técnicas para mellorar as capacidades cognitivas”.