
O Centro de Día de Maceda ten a previsión de abrir as súas portas este mesmo verán. Esa é a previsión que baralla a Xunta de Galicia, que a través da Consellería de Política Social, está a dar agora os últimos pasos para a posta en servizo das instalacións, integradas na rede autonómica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Ata a construcción desprazáronse esta mañá o xerente do consorcio, Perfecto Rodríguez, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o alcalde de Maceda, Rubén Quintas, e responsables da empresa Troncoso S.L., adxudicataria da xestión do centro. Visitaron os catro módulos do edificio e comprobaron os últimos detalles que permitirán que en setembro poidan chegar os primeiros usuarios.
O centro ofrecerá un máximo de 60 prazas, pero comezará a operar de xeito gradual, acollendo nun primeiro estadío a 25 persoas.