CulturaCulturaÚltima hora

O Centro Dramático Galego chega a Trives o 4 de agosto con “De Vilatriste a Vilalegre”

O teatro será protagonista da programación cultural da Pobra de Trives esta fin de semana. O domingo 4 de agosto, o Centro Dramático Galego, en coprodución con Teatro ó Cubo, representará a obra “De Vilatriste a Vilalegre”. O espectáculo, que terá a Praza do Reloxo como escenario, comezará ás 20.00 horas.

Esta proposta cultural enmárcase na xira que está a levar a cabo o Centro Dramático Galego polos concellos de Galicia coincidindo coa celebración do seu 40 aniversario. “De Vilatriste a Vilalegre” é unha obra con texto orixinal de Roi Vidal Ponte e dirección de Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño.

 

 

Back to top button