DeportesHoqueiÚltima hora

O CH Albor (Ourense), campión galego de hóckey na categoría absoluta feminina

As campioas galegas.
O club ourensán Hóckey Albor vén de proclamarse campión galego da categoría absoluta feminina.
A competición tiña lugar este domingo 9 de xaneiro no polideportivo do Ventorrillo, na Coruña, coa participación de 4 clubs galegos na categoría sénior feminina. E xa na final, nun derby ourensán, o Club Hóckey Albor vencía por 3-1 ao CH Burgas.
No encontro polo terceiro e cuarto posto, nun derby coruñés, as xogadoras do Athletic Coruña HC derrotaban  por 4-3 ás rapazas do Escola HC.

Artigos relacionados

Back to top button