
Na fin de semana do 15 e 16 de xaneiro, pouco antes de que a cidade de Ourense acolla o Campionato Europeo de Hóckey Feminino, disputábase no Pazo dos Deportes Paco Paz o Campionato galego de Hóckey Sala sénior masculino, coa participación de 8 equipos galegos.
O campión desta edición resultou o equipo ourensán do Club Hockey Barrocás, vencendo na final a Club Hóckey Albor (Ourense) por 7 goles a 2, nun partido dominado polo equipo vencedor. O terceiro lugar logrouno o equipo coruñés Escola HC, que derrotou nun derby herculino ao At Coruña HC.
Con este título autonómico, CH barrocás clasifícase para a semifinal do Campionato de España, que terá lugar en Benalmádena (Málaga) a finais deste mes de xaneiro. Nesa competición estarán 8 equipos de toda España, e de ahi sairán os finalistas que disputarán unha final a 4, no mes de febreiro.