SanidadeÚltima hora

O CHUO, unha das sedes nacionais de formación en coloprotoloxía dos MIR

A formación está organizada polo responsable da sección de Cirurxía Coloproctolóxica do Copmplexo ourensán, Alebrto Araújo, e conta coa titorización de oito especialistas na materia

Os alumnos estarán titorizados polos expertos da unidade ce Cirurxía Colorectal.

O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense forma parte do “prestixioso e reducido grupo de sedes docentes” a nivel nacional, avaladas pola Asociación Española de Cirurxáns, para a formación especializada en coloprotoloxía dos MIR de Cirurxía, a través dun curso intensivo que se inicia hoxe en Ourense.

O curso ten unha duración de 30 horas de formación teórico práctica, para un grupo reducido, de cinco residentes de terceiro e cuarto de postgrao en cirurxía, o que permite ofertar unha docencia altamente personalizada “one to one” cun mínimo dun titor por alumno, para seu aproveitamento intensivo.

Organizado polo responsable da sección de Cirurxía Coloproctolóxica, Alberto Parajó, conta coa participación, como titores, de oito especialistas da Unidade de Cirurxía Colorectal do CHUO, para impartir criterios precisos de diagnóstico e tratamento, en patoloxía anal benigna de baixa-media complexidade e gran prevalencia.

Para tratar estes procesos, explicaranse os métodos diagnósticos, e o tratamento cirúrxico, mediante sesións en quirófano, consultas, clases teóricas en aula, comidas de traballo e permanencia continuada no hospital.

No curso abordaranse procesos de alta prevalenza e habituais na práctica médica, coñecendo seus principais métodos e técnicas de exploración, as probas diagnósticas mais frecuentes e súa indicación en cada proceso, así como as distintas opcións de abordaxe cirúrxico destas patoloxías, como os abscesos perianais, fístula de ano, fisura de ano, hemorroides e sinus pilonidal, e de xeito complementario, sobre incontinencia fecal e patoloxía relacionada co chan pélvico.

Artigos relacionados

Back to top button