SanidadeÚltima hora

O CHUO, un dos 10 hospitais de España premiados polo seu compromiso co medio ambiente

O plan ourensán premiado é transversal e inclúe a toda a Area Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, con medidas de coxeración de enerxias alternativas nos tres hospitais

Publicidade

 

O Hospital Universitario de Ourense é un dos dez hospitais de España premiados polas súas iniciativas bioclimáticas e seu compromiso co medio ambiente por parte da organización “Sanidade polo clima” que galardonou as propostas máis ambiciosas en materia de descarbonización.

A finalidade da proposta dos premios “Sanidade polo Clima +10 Hospitais polo Programa de Saúde de Glasgow” é que o sector sanitario, no seu conxunto, se sume ao cambio e contribúa a alcanzar os obxectivos climáticos de España, recoñecendo os proxectos en materia de descarbonización mais innovadores dos centros sanitarios, servindo así de exemplo e inspiración a outros hospitais que queiran avanzar nesta dirección.

A iniciativa premiada do Hospital Universitario de Ourense foi “Compromiso co Clima” é un proxecto integral e conta con medidas referidas á diminución de emisións, uso de enerxías renovables, xestión de residuos, aforro de auga e sensibilización de traballadores e pacientes. Así, destaca o seu horto terapéutico nunha das cubertas do centro e a creación de zonas verdes para mitigar o impacto da calor nunha das cidades que bate récords cada ano.

Compromiso medioambiental do Sergas

Este compromiso xurde da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (OP26), celebrada en Glasgow, onde un grupo de 50 países comprometéronse a desenvolver sistemas de saúde resilientes fronte ao cambio climático e con baixas emisións de carbono, como resposta para os efectos do cambio climático sobre a saúde das persoas.

Sanidade polo Clima é unha plataforma que aúna a diferentes actores sanitarios comprometidos fronte á emerxencia climática, e entre as súas funcións procura difundir e premiar ás institucións sanitarias que xa están a actuar nesta liña, que xa se coñece como “One Health” vencellando a saúde das persoas coa saúde do planeta.

O plan ourensán premiado é transversal e inclúe a toda a Area Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, con medidas de coxeración de enerxias alternativas nos tres hospitais. Asemade a nosa área é a única institución sanitaria do país que participa no proxecto europeo “Life Resystal” (Climate change REsilience framework for health SYStems and hospiTALs), que sentará as bases dunha estratexia europea para a adaptación climática do sector sanitario europeo.

No Hospital Universitario de Ourense e nos públicos de Verín e O Barco de Valdeorras, faranse intervencións de cara a mellorar a resiliencia das súas instalacións como, por exemplo, mediante corredores e paredes verdes, a repoboación e a plantación de árbores ou sistemas de aproveitamento de pluviais. O proxecto dará como resultado unha serie ferramentas que mellorarán a adaptación das infraestruturas, co obxectivo tamén de trasladar en 2025, a experiencia de Ourense a todas as infraestruturas sanitarias galegas.

 

 

Mostra deste compromiso do Servizo Galego de Saúde, tres dos dez hospitais premiados son galegos, ademais do de Ourense o Lucus Augusti de Lugo e o Universitario de Santiago de Compostela. O resto proxectos recoñecidos foron, en Madrid, os de a Jiménez Díaz e o Gregorio Marañón, en Valencia o do Hospital de Manises; San Juan de Dios de Zaragoza e Dr. Negrín, de Canarias.

O Lucus Augusti foi premiado polo seu ‘Plan de Xestión do Carbono’, no marco do ‘Low-carbon healthcare in the Mediterranean region de HCWH Europe’ e inclúe unha redución de emisións directas dun 33 por cento para 2030. O seguimento anual do proceso realízase mediante o cálculo da pegada de carbono, pola súa o obxectivo do Hospital Universitario de Santiago de Compostela é conseguir un aforro enerxético e económico relevante sen reducir as condicións de habitabilidade, seguridade e confort dos usuarios e profesionais deste centro. Para iso, está a reformarse a produción térmica, por exemplo, coa substitución de caldeiras, e estase mellorando a iluminación a través de instalación de led e de sensores de presenza.

O acto de entrega de premios tivo lugar en Madrid, e o diploma acreditativo foi recollido por Xavier Novoa Conde, subdirector de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Ourense, nun acto que serviu como xornada de debate e intercambio de experiencias, á que asitiron representantes do goberno central, servizos sanitarios autonómicos, profesionais e xestores, na que abordaron as prácticas xa iniciadas para cumprir co Acordo de Glasgow do OP26e así como os retos para os próximos anos.

Artigos relacionados

Back to top button