CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O Ciclo De Perto 2022 entra na recta final cos contos ‘De amor e morte’ de Eugenia Manzanera

A contadora salmantina actuaba na tarde deste mércore 13 de xullo no Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco)

 

Trala suspensión por motivos persoais do espectáculo ‘Movendo os marcos’ de Furafollas Agrupación Teatral, a 10ª edición do Ciclo De Perto entraba na recta final na tarde deste mércores 13 de xullo coa actuación, no Xardín da Casa Grande de Viloira, da contadora salmantina Eugenia Manzanera.

 

Eugenia Manzanera do De Perto, no Barco.

 

A Eugenia, que conta cunha longa traxectoria no ámbito da narración oral, encántalle provocar sorrisos, risas e gargalladas, pero tamén manter ao público en suspenso. Nos seus espectáculos a palabra adquire unha gran forza combinada con xogos rítmicos sonoros, onde os obxectos sempre propoñen outra maneira de estar no mundo. En activo dende hai 30 anos, foi directora, produtora, dramaturga, actriz.. e, sobre todo, pallasa. Facetas que destacaba esta tarde contando as súas historias ‘De amor e morte’.

 

 

“En todas as miñas historias morre alguén”, avisaba a modo de presentación e a partires de aí, con enerxía, humor e misterio, interactuando de cando en vez co público, Eugenia ía narrando os seus contos. Contos de Samurais no Xapón máis tradicional; de pobos abandoados en Irlanda; contos de amor verdadeiro, deses que nunca chega a morrer,… E mentres a contadora entretecía as súas historias “que son mentira, pero que tamén son verdade”, soaban as campás do reloxo poñendo máis énfase en cada relato.

A última actuación do ‘De Perto’ deste 2022 será o venres 15 de xullo ás 22:30 horas con Talía Teatro e ‘A parábola do angazo’.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button