CulturaCulturaÚltima hora

O ciclo “Espazos sonoros” chega ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil)

Terá lugar o vindeiro domingo, día oito de setembro, ás 12:00 horas

Cartel da actividade.

 

O ciclo musical “Espazos sonoros” chega ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil), cun obradoiro de achegamento á música antiga. Así, terá lugar o vindeiro domingo, 8 de setembro, ás 12:00 horas.

“É un obradoiro participativo que este ano estará adicado á voz como instrumento. Nel haberá unha actuación musical e tamén o obradoiro, no que traballaremos co público a preparación dun par de pezas para seren interpretadas conxuntamente co acompañamento instrumental”, explican dende a organización.

O obradoiro está pensando para a participación de 70 persoas, feito polo cal é preciso a inscrición previa. O elenco de músicos componse por María Giménez (voz, fídula medieval e percusión), Eliseu Mera (voz), Felipe Rodríguez (frautas, chirimía), Uxía Delgado (corda pulsada), Pablo Ruibal (viola da gamba), todos eles moderados por Andrés Díaz.

Artigos relacionados

Back to top button