CulturaCulturaÚltima hora

O ciclo “Marxes Fílimicas” do Cineclube Padre Feijóo trae o mellor cinema persa

O ciclo conta con tres sesións: 3, 5, 10 e 12 de xullo e celébrase no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Cartel do ciclo.

O Cineclube Padre Feijóo presenta a sexta edición do ciclo de cinema Marxes Fílmicas, este 2017, está adicado o cinema feito en Irán no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Tamén en colaboración coa Federación Galega de Cineclubes.

Durante a primeira quincena de xullo os luns e mércores (3, 5, 10 e 12 de xullo) no patio do Museo Etnolóxico pola fresca ás 22:00 horas os espectadores poderán gozar de catro Noites Persas, en versión orixinal subtituladas.

O cine feito en Irán sobrevive, desde hai case un século, a unha sucesión continua de avatares políticos, conflitos bélicos e diversos e sorprendentes formas de censura.

Grazas ao secular emprego da metáfora, da parábola e do simbolismo, inseridos na súa ancestral tradición narrativa, foron quen de superar o illacionismo e as prohibicións e configurar unha filmografía que avanza e progresa incorporando elementos definitorios e recoñecibles por unha maioría de públicos que agardan as estreas dos seus filmes multipremiados en todo o mundo.

Segundo dixo o mestre Abbas Kiarostami -do que se poderá ver “Primeiro Plano” neste ciclo- cando recibiu a Palma de Ouro en Cannes 2015 pola súa película “Copia certificada” (Francia, 2010): “Dóeme moito o que pasa na miña patria, pero non podo deixala”. O seu filme rematará vetado, e el mesmo tivo que soportar a prohibición de rodar durante dous anos pola “provocativa” indumentaria que lucía Juliette Binoche.

Estas Marxes Fílmicas baixo a suxestión das Noites Persas, unha breve e intensa viaxe a través de catro películas -apenas unha pequena mostra- á realidade dun país condenado a estar sempre na primeira liña da actualidade política  cuxas primeiras manifestacións culturais se remontan ao 2800 a.C., o país dos Sahs, das Mil e unha noites e do ayatolá Jomeini… a República Islamica de Irán.

Artigos relacionados

Back to top button