CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Rock de Deaf Dogs na noite do Barco

 

Avanza o programa do IV Ciclo Terrasón, que tras media ducia de actuacións en agosto, encetaba o mes de setembro na noite do venres día 1 co concerto do grupo de rock Deaf Dogs na praza de Andrés de Prada.

O repertorio deste grupo (formado por Marco, Pitu, Paco e Antonio) vai do blues ao rock, incluíndo tamén coñecidos temas de grandes bandas dos 70.

A seguinte cita do ciclo Terrasón, que organiza o Concello do Barco, está prevista para este domingo 3 de setembro ás 13h. na praia fluvial do Malecón con Iker Piris& Blues Bell.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button