CulturaCulturaÚltima hora

Cheo absoluto na primeira proxección infantil do Ciclo Mestre Mateo en Verín

Un total de 351 nenos e nenas dos centros educativos da comarca acudiron a proxección da película "Valentina", dirixida por Chelo Loureiro

Nenos asistindo á proxección no Auditorio de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

O Ciclo Mestre Mateo comezaba esta mañá no Auditoriod e Verín coa primeira das proxeccións destinadas ao público infantil. Nesta primeira sesión, un total de 351 nenos e nenas procedentes dos centros educativos da comarca tiveron a oportunidade de desfrutar da película “Valentina”, dirixida por Chelo Loureiro. A concelleira de Cultura, Samanta Barreira, foi a encargada de dar a benvida a cativada.

Ciclo Mestre Mateo: Un Compromiso co Audiovisual Galego

O Concello de Verín únese un ano máis ao Ciclo Mestre Mateo, un circuíto de cinema galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense. Esta iniciativa busca promover e difundir o mellor do audiovisual galego actual entre os concellos e vilas que desexen incluílo na súa oferta cultural.

Todas as proxeccións programadas no marco desta iniciativa terán lugar entre o 9 e o 15 de outubro no Salón de Actos da Casa da Cultura, agás os pases concertados cos centros educativos da vila, que se celebrarán no Auditorio Municipal.

A programación do ciclo está composta polas películas finalistas nos Mestre Mateo, os prestixiosos premios do audiovisual galego, que recoñecen as obras de maior calidade na produción audiovisual do ano. Estes galardóns son organizados tamén pola Academia Galega do Audiovisual.

O Concello de Verín convida a todos os veciños a participar neste Ciclo Mestre Mateo e a desfrutar do mellor cinema galego. «É unha oportunidade única para celebrar e apoiar o noso rico patrimonio audiovisual», explicou Samanta Barreira.

Artigos relacionados

Back to top button