O Cine Club Groucho Marx proxecta “Lobos sucios” no Barco
13 de Abril de 2016
Este filme poderá verse os días 14, 16 e 17 de abril no Teatro Lauro OlmoCartaces da película “Lobos sucios” no exterior do Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.
Ao redor das minas de wolfram valdeorresas, no marco temporal da segunda guerra mundial, xira a historia que se desprega en “Lobos sucios”. Este filme, dirixido por Simón Casal, forma parte da programación deste mes de abril do Cine Club Groucho Marx. Poderá verse este xoves 14 de abril na sesión das 20:30 h., o sábado 16 ás 22:30 e o domingo 17 ás 20h. e o luns 18 ás 20:30 h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.
“Lobos sucios”, que conta con 14 nominacións nos Premios Mestre Mateo 2016, baséase nun documental homónimo realizado hai uns anos polo valdeorrés Felipe Rodríguez, que é ademais coguionista desta película.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.