Ourense

O cineclube Padre Feijóo presenta o seu novo ciclo “Disonancias”

Este luns, 6 de marzo, o cineclube Padre Feijóo tirará de filmoteca e proxectará a película “Así como abro os ollos” (As I open my eyes) da director tunisina Leyla Bouzid. Este filme ten como protagonista a Farah, unha moza de 18 anos que vén de rematar os estudos secundarios e a súa familia quere que estude Medicina, pero ela quere ser cantante. Este relato acontece nos meses que precederon á Primavera Árabe. Esta moza, con coraxe e unha dose de inconsciencia, reta á censura do réxime, levando a súa voz, a súa palabra e a súa denuncia aos bares, aos locais nocturnos onde acode a mocidade tunisiana e á mesma rúa.

Esta cinta recibiu o Premio do Público e Premio Label Europe Cinéma á mellor película no Festival de Venecia de 2015 e o premio á mellor interpretación feminina no Festival de Cine Africano 2016.

Esta película proxectarase en dous pases: un ás 20:30 horas e outro ás 23:00 na biblioteca pública de Ourense. O custo da entrada será de 2 euros para asociados e 2,50 para o público xeral.

“Toni Erdman” o mércores 8

Por outra banda, para o mércores 8 de marzo, preparan a proxeción da película alemá “Toni Erdman”, dirixida por Maren Ade. Nesta cinta a protagonista, Inés, traballa nunha grande empresa alemá establecida en Bucarest. As súa vida está moi ben organizada até que o seu pai, Winfried, chega de improvisto e lle fai a pregunta de se é feliz. Ao non saberes que respostar, sofre un profundo cambio.

O filme poderase ver ás 18:00 horas e ás 21:00 horas na biblioteca de Ourense. O prezo da entrada é de 4 euros para asociados e de 5 para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button