CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Alumnado do Pablo VI-Fátima da Rúa celebra o Día das Letras Inglesas a partir de contos clásicos

 

Un ano máis e xa van dez, o alumnado do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa celebra o “English Word” ou Día das Letras Inglesas cunha iniciativa moi especial que na mañá deste 20 de xuño se desenvolvía na Biblioteca Municipal, coordinada pola profesora de inglés Rocío Illesca (acompañada por outros profesores e mesmo o director do centro).

 

 

En cada edición desenvolven unha idea, sobre a que primeiro realizan unha representación e despois actividades de lectura e escritura, e este ano a iniciativa xirou en torno aos clásicos clásicos. Tal como explican dende o centro, seleccionaron seis (The Ugly Duckling, Cinderella, The Little Prince, Pinoccio,…) e rapaces de 5º e 6º fixeron unha pequena representación de cada un deles, guiados pola “Fada” que se ía atopando con dada un dos personaxes, fiando un conto con outro, e por suposto todo en inglés.

 

 

A actividade posterior, distribuída por grupos, xiraba en torno á creación dunha banda deseñada mesturando os personaxes de tres deses contos. Unha bonita e creativa forma de aprender inglés que os nenos preparan con moita ilusión.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button