DeportesEn portadaÚltima hora

O Club Adas do Barco supera as 300 licenzas na tempada 2021, “un feito histórico”

 

Cifra histórica para o Club Adas do Barco. Na pasada fin de semana esta entidade de atletismo chegaba ás 302 licenzas activas na tempada 2021. “É un feito histórico e que nos enche de satisfacción, pero tamén dunha enorme responsabilidade”, aseguran dende o club, que preside Agustín González.

Tamén destacan que “máis de 200 desas licenzas son de atletas pertencentes ás categorías inferiores, que sobre todo tiveron un enorme crecemento na escola do Barco cun número bastante superior ás 100 licenzas”.

O Adas recoñece que “é unha tarefa complicada poder xestionar tal cantidade de xente, pero tamen é un reto que nos motiva seguir traballando coa ilusión do primeiro día”.

Neste senso este club barquense agradece o traballo de directivos e monitores, ademais de seguir “animando aos responsables das escolas de Trives, A Rúa e Viana . Pero, sobre todo, agradecer o apoio incondicional de todas esas familias que sempre nos demostraron a súa colaboracion ano tras ano. Esperamos seguir sendo dignos da vosa confianza”.

Artigos relacionados

Back to top button