AletismoDeportesÚltima hora

O Club Adas e o Concello da Rúa súmanse á homenaxe ao atleta Alejandro Gómez

O acto de recoñecemento a este destacado corredor galego, que competíu no Aguillón, tiña lugar na pasada fin de semana en Vigo

Alejandro Gómez durante a homenaxe./ Foto: FGA.

 

Pola súa traxectoria deportiva, Alejandro Gómez é un dos atletas “máis sobresaíntes da historia galega do noso deporte. Abanderado da xeración de ouro do atletismo galego, o atleta de Zamáns representa por arriba de resultados e excelencias deportivas, ser un home capaz de asumir retos, de abordar dificultades e de plantar dura loita contra todos aqueles retos que tanto a nivel deportivo como a nivel persoal a vida puxo e está a poñer desgrazadamente no seu camiño”. Deste xeito refírese a Federación Galega de Atletismo (FGA) a este corredor ,que recibía unha cálida e emotiva homenaxe na noite do sábado 11 de xullo no Hotel Coia de Vigo.

O acto contaba coa asistencia de diferentes entidades, clubs, así como de moitísimos amigos e seguidores de Gómez. A esta homenaxe sumábanse así mesmo o Club Adas e o Concello da Rúa. Así o concelleiro rues José Vicente Solarat e o presidente do Adas, Tinín González, recordaban nun emotivo vídeo proxectado durante ol acto, a figura de Alejandro Gómez e a súa “inapelable vitoria en 1995 durante a celebración do campionato galego de cross no circuíto do Aguillón rues”, tal e como se lembra dende o club barquense.

 

Placa entregada polo Adas e polo Concello da Rúa./ Foto: Club Adas.

 

Entre os asistentes a esta homenaxe tamén estaban o presidente da World Athletics, Sebastián Coe, o presidente do COI, Alejandro Blanco; o presidente da RFEA, Raúl Chapado, a campioa olímpica Ruth Beitia, entre otras moitas, mandarían vídeos de saúdos e cariño que foron visualizados por todos os alí presentes.

Insignia de ouro da Federación Galega de Atletismo

O presidente da FAG, Isidoro Hornillos, abría o acto impoñendo a máxima condecoración da entidade ao atleta, a “Insignia de Ouro”, e anunciaba que no sucesivo un dos campionatos máis importantes do calendario autonómico levaría o seu nome, pasando a ser “Campionato Galego de 10.000 m. Alejandro Gómez”.

Alejandro Gómez, visiblemente emocioado e sempre acompañado pola súa muller (a tamén atleta internacional Paula Hernández), dirixiriase aos asistentes para agradecerlles a súa asistencia nun breve pero tremendamente emotivo e ovacioado momento que poñía fin a este entrañable acto.

Artigos relacionados

Back to top button