A Real Federación Española de Atletismo (RFEA) vén de facer público este venres o nome dos equipos clasificados por estadillo para tomar parte no Campionato de España de Clubs de Segunda División. Na relación, dentro da categoría feminina, figura o Club Adas Proinor do Barco.
Tamén se inclúen na listaxe os conxuntos do Club Atletismo Narón e o Club Atletismo Santiago na categoría masculina.
Deste xeito, estes tres equipos galegos poderán loitar por unha das dúas prazas que dan o ascenso á primeira división o vindeiro día 13 de xuño.