A VeigaConcellosÚltima hora

O Club de Montañismo Montañas de Trevinca amosa a súa preocupación pola proxección dun parque eólico na Serra do Eixe

O seu presidente asegura que "sempre estaremos en contra de todo intento que pretenda destruír o patrimonio natural das Montañas de Trevinca e Cima de Galicia"

Trevinca. /Foto: Carlos G. Hervella

 

Dende o Club de Montañismo Montañas de Trevinca veñen de emitir un comunicado no que manifestan a súa preocupación polas novas dun novo (o cuarto) parque eólico proxectado para construír na Serra do Eixe. “Queremos indicar coa nosa opinión, que sempre estaremos en contra de todo intento que pretenda destruír o patrimonio natural das Montañas de Trevinca e Cima de Galicia”, aseguran.

No escrito, o presidente do club, o montañeiro Antonio Fernández (Cholo) fai un repaso polos diferentes proxectos vencellados ás debanditas montañas que finalmente non chegaron a executarse, ata “a cuarta vez dende o ano 2001, que se volve a repetir a mesma idea ou intención de ocupar con aéreoxeradores a Serra do Eixe, esta vez só como anuncio de proxecto eólico nunha zona denominada nos medios de difusión como “Montes de Valdeorras” (denominacion descoñecida e que por suposto, non aparece en ningún mapa catastral doterritorio)”, explica Cholo.

O montañeiro conlúe asegurando que hoxendía o recoñecemento tanto a nivel autonómico como estatal das Montañas de Trevinca e o seu gran valor como patrimonio natural de montaña, “está sendo parte fundamental para a recuperación económica do concello da Veiga”.

O comunicado íntegro pode lerse aquí: Parque Eolico Montes de Valdeorras 2020

Artigos relacionados

Back to top button