DeportesÚltima horaVídeos

O Club de Petanca A Rúa inaugura o campo no Aguillón

 

Por fin chegaba o día. Tras meses xogando, con máis de 50 socios e algún que outro torneo, na xornada deste sábado 22 de xuño o Club de Petanca A Rúa inauguraba oficialmente o campo de xogo no Aguillón, xunto ao campo de fútbol.

 

 

E facíano xogando un campionato no que participaban unhas 30 persoas, dos clubs do Barco, Ponferrada e A Rúa. O torneo comezaba pola mañá e tralo xantar no pavillón continuaba pola tarde rematando coa entrega de premios.

Tal como avanzan dende o Club de Petanca A Rúa, nas festas de agosto terán outro torneo.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button