AletismoDeportesÚltima hora

O Club Montaña Trives organiza a I San Silvestre Montaña de Manzaneda para o 31 de decembro

A carreira popular comezará ás 11:30 horas con saída e meta na estación de montaña

 

O Club Montaña Trives organiza a última carreira do ano. Se nada o impide, o vindeiro 31 de decembro celebrarase a I popular San Silvestre Montaña Manzaneda, organizada polo Club Montaña Trives coa colaboración da Estación de Montaña Manzaneda e patrocinado por Duatel, Xunta de Galicia, Deporte Galego e o Xacobeo 21-22.

Cun percorrido de 5,5 km para todos os públicos, ás 10:30 horas será a recollida de dorsais e ás 11:30 horas arrincará a carreira popular con saída e meta na estación de montaña. Haberá premios para o primeiro clasificado masculino e feminino, para o primeiro corredor de maior idade, para o máis xove e para o disfrace máis orixinal individual e grupal. Ao remate tamén haberá sorteos, bica e chocolate.

As inscricións (10 euros) estarán abertas ata o próximo 22 de decembro e poderán realizarse enviando un correo electrónico a club.montana.trives@gmail.com. Haberá agasallo para os 50 primeiros inscritos.

Artigos relacionados

Back to top button