DeportesÚltima hora

O Club Natación Pabellón Ourense, subcampión da liga de clubs de división de honra

Pola súa banda, o equipo de duatlón do club ourensán sumaba catro ouros e unha prata na final provincial celebrada en Maside
Os nadadores do Club Natación Pabellón Ourense desprazado a Pontevedra.

Os nadadores do Club Natación Pabellón Ourense lograban a segunda praza na final da liga de clubs de división de honra celebrada a pasada fin de semana en Pontevedra, quedando por debaixo dos anfitrións, os nadadores do Galaico.

Para esa final, malia contar con algunha baixa, os pabellonistas completaron o equipo con nadadores da categoría infantil “que desempeñaron un bo papel ao tempo que lles servíu de experiencia cos mellores nadadores desta división”, explican dende o CNPO. Na proba, destacaron as actuacións de nadadores como Alberto Taboada que ganaba en cen costas ciencuenta braza; David González que vencía en douscentos estilos; Luis Bello que foi o máis rápido en cincuenta volvoreta; ou Antón Rodríguez, o máis rápido no hectómetro a volvoreta al igual que Marco García no longo de crol.

 

Equipo de duatlón do CNPO.

E mentres os nadadores loitaban polo subcampionato na liga de natación, o equipo de duatlón desprazábase ata Maside participar na final provincial que dá acceso ao campionato galego desta modalidade. Participaron oito deportistas ourensáns destacando a vitoria de Uxía Campos, María Cabot, Alexandre Álvarez e Helena Dacosta, campións provinciais; e a prata lograda por Natalia Álvarez.

Artigos relacionados

Back to top button