Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Club Ourense Gaels presenta aos equipos para a tempada 2019/2020

Forman parte do club Afiadoras F.G. e Auriense Campus da Auga F.G. feminino e masculino

 

Afiadoras F.G. (mixto) e Auriense Campus da Auga F.G. tanto feminino coma masculino, son os tres equipos de fútbol gaélico que integran o Club Ourense Gaels, cuxa presentación para esta tempada 2019/2020 tiña lugar este domingo.

Nun ambiente festivo, os asistentes brindaron cun vermú e uns petiscos caseiros para dar comezo á 6ª tempada en competición. Despois da presentación, na tarde do domingo xogouse a 2ª xornada da Conferencia Sur da Liga Gallaecia, coa disputa de 2 encontros. O primeiro enfrontaba ás locais, Afiadoras F.G. contra o novo equipo da competición vidos dende o Morrazo, Bero Breo F.G. “Tras un choque marcado pola novidade de dous rivais que nunca se enfrontaran, foi un partido onde os ourensáns souberon amosar o seu bo tiro a paus e unha defensa férrea cun resultado final que deixa boas sensacións, Afiadoras F.G. 13-3 (22) vs 4-2 (10) Bero Breo F.G.”, explican dende o club ourensán.

Despois deste partido disputábase outro encontro entre Ambílokwoi F.G. de Vigo e o Condado F.G. da comarca homónima. Neste choque os vigueses, malia non saír coma favoritos, puxéronse adiantáronse no marcador e amosaron “unha gran chegada a porta malia todo o equipo do sur de Pontevedra impuxo o seu ritmo e remataría cunha clara victoria que deixa entre ver que loitarán pola victoria de grupo”, apuntan dende Oruense Gaels. Ao final Condado F.G.  14-7 (35) vs 3-4 (15) Ambílokwoi F.G.

Fotos: Ourense Gaels

Artigos relacionados

Back to top button