Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Club Peña Trevinca Barco, na 9ª proba de orientación a pé de mapa no monte en Enxa (Porto do Son)

 

 

Nesta fin de semana, en concreto o sábado 30 de setembro, desenvolvíase a novena proba de orientación a pé no mapa do monte Enxa en Porto do Son. Ata alí desprazábase un grupo de deportistas do Club Pena Trevinca Barco para tomar parte nesta cita.

Os participantes enfrontáronse a percorridos con orientación superficial, onde os desniveis fixeron que os traxectos fosen máis “físicos”. Este “veranillo de San Miguel” acompañou a xornada sen dar tregua aos participantes, quen tivo que soportar elevadas temperaturas á hora de realizar os distintos percorridos.

“Entre os resultados máis destacados podemos mencionar o segundo posto de Brais Rodríguez na categoría de M-12, o terceiro de Remy Durán F-55 e o primeiro posto de J. Rodríguez en Iniciación Longa”, aseguran dende o club.

A liga de orientación a pié xa está acadando a súa recta final, e continuará o próximo 14 de outubro na localidade de Goente, A Coruña.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button