OurenseÚltima hora

O Club Xadrez Ourense xogará na División de Honra Absoluta na tempada 2021/2022

 

Na reunión mantida na mañá deste mércores 18 de agosto, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciáballe ao presidente do Club Xadrez Ourense, Elías González, que o Concello aumentará a partida nominativa que recibe actualmente o club, ao ser un dos oito clubs que integren, na tempada 2021/2022, a División de Honra Absoluta.

“A idea do aumento da axuda que percibe o club”, argumenta o rexedor, “é que as súas cotas sexan máis accesibles para a rapazada de Ourense”. Así, xunto a outras iniciativas de difusión desta disciplina, tentaranse espallar as bondades desta práctica deportiva, ao tempo que se pon en valor a dedicación dos nosos representantes.

Pérez Jácome interesouse tamén pola implantación do xadrez dentro do currículo estudantil en Galicia. Actualmente é unha materia optativa.

 

Reunión mantida esta mañá entre o presidente do CX Ourense e o alcalde da cidade.

Artigos relacionados

Back to top button