En portadaÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia aborda como volver á actividade no sector

Cada unha das empresas integradas neste organismo decidirá "en función das súas circunstancias" se retoman ou non a actividade o 4 de maio

Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As empresas do Clúster da Pizarra de Galicia veñen de acordar que cada unha de súas empresas asociadas “decida, en función das súas circunstancias individuales, se o próximo día 4 de maio retoma ou non a actividade laboral”, tal e como vén de informar esta organización empresarial a través dun comunicado.

Ademais, o Clúster indica que “as empresas que opten por reactivar a súa produción o luns terán como prioridade o coidado, a saúde e a seguridade dos seus empregados, para evitar posibles contaxios de Covid-19”.

Neste senso, esta entidade adianta que se “adoptarán as medidas de seguridade e prevención necesarias, entre elas, a de dotar aos seus traballadores dos equipos de protección individual precisos”.

As empresas, ademais, decidirán se reanudan a súa “produción al 100%, o fan de forma parcial ou se consideran necesario continuar co ERTE”.

Por outra banda, o Clúster da Pizarra de Galicia amosaba expresamente o seu agradecemento “aos trabajadores das empresas integradas no organismo polo seu exemplar comportamento nesta crise e a súa inestimable colaboración para tratar de atopar solucións á mesma, que evidencian que se avanza no bo camiño”.

Ao mesmo tempo as empresas do Clúster valoran como “boa e importantísima a nova do inicio da desescalada do sector” e agardan e desexan que as comarcas da lousa volvan ser “en pouco tempo zonas xeradoras de riqueza”.

Artigos relacionados

Back to top button